jueves, 3 de abril de 2008

O saber do todo

O decir e o sentir xuntos, a "Razón poética" de Mª Zambrano.
A verdade e o coñecemento facémolo asentar no observable, no matematizable, no experimentable. Esa obxectividade revélasenos como revisable, una meta diría Popper. A outra perspectiva é a do saber que nace do puro sentir: unha mirada, un desacougo, unha vágoa, un desexo, etc...¿Quen pode cuestionar ou revisar este saber?

jueves, 14 de febrero de 2008

Ó outro lado

Cando o real non nos deixa indiferentes, cando nos catapulta hacia o sentir, entón un novo mundo se abre ante nós; nada é o que parece, todo se revela e se mostra cun novo sentido. A verdade, o auténtico, déixase ver ó lonxe, cunha luz diáfana, pero que envolve e non deixa valeiros.

martes, 8 de mayo de 2007

O saber máis revelador non é aquel que xurde do razoamento, senón aquel que nace da inmediatez, dunha intuición,como diría Descartes, clara e distinta. É este un saber que nace da totalidade e o único que fain é fluir dende a oscuridade do todo ata a luz da palabra. Un sentir que se devela e que fai aparecer o inescrutable. Aínda así é necesario estar esperto e aberto a este decir, porque o seu sixilo é tal que a miúdo pasa desapercibido

miércoles, 18 de abril de 2007

"A razón non busca a verdade, busca sobrevivir", di Punset. Eu creo que sin a búsqueda da verdade non habería razón e sin razón non hai posibilidade de sobrevivir. Biolóxicamente a nosa inferioridade, a da nosa especie, é manifesta. O saber, a ciencia e a técnica tiveron e teñen que suplir esa carencia. A supervivencia da especie está nas súas mans. Aínda así, penso que esa non é a meta. A razón debe impoñerse a vida, non tratando de perpetuala, senón recoñecendo e defendendo os seus productos: xustiza, igualdade, liberdade, amor, respecto etc...A vida sen estes valores perde o seu sentido, polo menos dende a perspectiva humana. Esa é, sin duda, a gran conquista e o futuro da razón. O futuro da humanidade é impredecible, pero máis alá desta incerteza, o éxito da vida está asegurado: o nacemento, a manifestación ou quizais o desocultamento da consciencia.

miércoles, 28 de marzo de 2007

Notas da vida

Luces que asoman na oscuridade,
desexos esquecidos resoan ao lonxe.
Non quero despertar,
que a noite se faga máis noite.

miércoles, 7 de marzo de 2007

A palabra que nace da vida.
A vida que se derrama.
Un sentir.
Un decir.
Un camiño.
Xuntos para devela-lo misterio.

miércoles, 14 de febrero de 2007

A filosofía actual camiña entre o pasado que lle deu a vida e o futuro que se desvanece sen un obxecto claro e definido. Os eternos problemas da filosofía agora xa se abordan dende a propia ciencia, esa que ela mesma alumou. O filósofo actual ten medo de enfrentarse coas preocupacións fundamentais da humanidade. Sen ela, pese a súa conscente marxinación, a realidade adolece do seu verdadeiro senso.